CABECERA

Este recurso ha sido subvencionado por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte a través de la convocatoria de ayudas para el diseño y aplicación de proyectos de mejora del aprendizaje del alumnado por agrupaciones de colaboración profesional entre centros sostenidos con fondos públicos de diferentes comunidades o ciudades. Creado bajo la licencia «Creative Commons» tipo «by-sa» por tiempo indefinido. Todas las actuaciones descritas en este blog comprometen exclusivamente a los autores del mismo

jueves, 24 de septiembre de 2015

I XORNADAS "POR UNHA NOVA ESCOLA"

Dende o CEIP de Viñagrande Deiro queremos compartir os contidos das I XORNADAS "POR UNHA NOVA ESCOLA" que organizamos no marco do proxecto de intercambio profesional entre centros de diferentes CCAA (PROMECE 2014).

Dende o curso 2014-2015 o CEIP de Viñagrande Deiro iniciou un proceso de transformación na busca dun modelo de centro educativo que sexa quen de dar resposta ás actuais demandas da sociedade e ás características das xeracións máis xoves.

As sociedades evolucionan rápidamente mentres que os centros educativos se mostran moi remisos a acompañar de preto esta evolución. Semellan estar ancorados no século XX no referido ás súas estructuras organizativas, didácticas e metodolóxicas sen atender a moitos factores que interveñen directamente nos procesos de ensino e aprendizaxe do alumnado.

Consideramos prioritario coñecer modelos pedagóxicos que ofrezan a posibilidade de respectar o desenvolvemento do alumnado atendendo a todas e cada unha das súas potencialidades e capacidades. A multiplicidade de intelixencias é necesario tela moi en conta.

Estas xornadas xorden no marco dun proxecto de intercambio e colaboración profesional con distintos centros educativos no que se intenta promover o intercambio de experiencias docentes de éxito. A posibilidade de velas e estudalas “in situ”  e de tráelas a nós vai provocar necesariamente a introducción dun cambio no modelo de funcionamento dos nosos centros.

As xornadas son, polo tanto, unha fermosa ferramenta para mostrar á comunidade educativa realidades pedagóxicas que se están desenvolvendo moi preto e sobre as que, obrigatoriamente, deberemos reflexionar e intentar implementar.

A oportunidade de que familias, docentes, investigadores e expertos poidan ofrecernos as súas experiencias e coñecementos faramos máis críticos co actual estado da educación na nosa contorna e nos nosos centros, en particular, e no noso país en xeral.

Inscrición

Xa tedes ao voso dispor o formulario de inscricion: http://goo.gl/forms/te6kJrk4eH

Lugar

PAZO BAIÓN
Abelleira, 6
Vilanova de Arousa
Pontevedra

Data

Sábado 14 de novembro de 2015

Programa:


Se queres o programa en PDF para descargar, chuza na icona: 

INSCRICIÓN PARA AS I XORNADAS "POR UNHA NOVA ESCOLA"

Inserimos aquí o formulario de inscrición para as I Xornadas "POR UNHA NOVA ESCOLA" organizadas polo CEIP de Viñagrande Deiro. Non esquezades enviar á nosa dirección de correo (ceip.vinhagrande.deiro@edu.xunta.es) o xustificante de pago da matrícula xuntos cos vosos datos persoais (Nome, apelidos e DNI). Grazas.

Se nesta páxina web non percibides ben o formulario, podedes acceder a él a través deste enlace:http://goo.gl/forms/te6kJrk4eH


Nota importante: Este formulario non está dirixido ás familias do CEIP de Viñagrande Deiro, é só para DOCENTES que están interesados en asistir e participar nas xornadas. Para as familias habilitouse outro procedemento do que xa están informadas.



Dende aquí queremos agradecer a Tadega que nos permitira facer uso do seu modelo de formulario de inscrición que consideramos moi oportuno para as nosas xornadas. Grazas TADEGA.