CABECERA

Este recurso ha sido subvencionado por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte a través de la convocatoria de ayudas para el diseño y aplicación de proyectos de mejora del aprendizaje del alumnado por agrupaciones de colaboración profesional entre centros sostenidos con fondos públicos de diferentes comunidades o ciudades. Creado bajo la licencia «Creative Commons» tipo «by-sa» por tiempo indefinido. Todas las actuaciones descritas en este blog comprometen exclusivamente a los autores del mismo

lunes, 28 de diciembre de 2015

QUE ESTARÁN FACENDO?

Continuando co proxecto "Alimetamos o noso corpo", o alumnado de 3º de Educación Primaria está preparando unha sorpresa. Están todos concentrados traballando cos distintos nutrientes que conteñen os alimentos presentes na pirámide alimenticia. Que estarán facendo? 






DESCUBRIMOS O SEGREDO. QUE ESTARÍAN FACENDO?

Para que o alumnado se achegara aos nutrientes que están presentes no alimentos que consumimos, decidímonos a facer un xogo. O alumnado, agrupado por parellas, tiña que ler uns textos nos que se explicitaban as características dos distintos nutrientes: graxas, fibras, proteínas, vitaminas e minerais e hidratos de carbono.
Coa finalidade de ir asimilando estes contidos (a veces tan complexos para o alumnado destas idades) tiñan que ler os textos e destacar a principal característica de cada un dos nutrientes para elaborar un xogo de unir con flechas.
Unha vez destacada esta característica, tiñan que facer un taboleiro de xogos no que facer dúas columnas: no lado esquerdo os nutrientes e no lado dereito as características desordenadas.
A continuación fomos a aula de informática e presentamos o xogo na televisión inhalámbrica que temos. Alí, o alumnado desmostrou que sí coñecía e asimilara os contidos traballados.
Aquí vos deixamos unhas imaxes dos xogos realizados.


CARTELES PARA O NOSO SUPERMERCADO

No marco do proxecto "Alimentamos o noso corpo" que estamos desenvolvendo en Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, o mestre de PT está preparando coa nosa axuda  un gran superpercado no que traballaremos contidos relacionados coa competencia matemática.
Mentres ese súper non se remata de organizar, na aula de 3º de Educación Primaria pensamos que sería moi positivo relacionar o proxecto que estamos traballando coa posibilidade de ter nós un súper na aula. Así o estamos facendo.
Entre os traballos que estamos facendo están os seugintes:
  • Crear un espazo no interior da aula para situar o nosos súper
  • Analizar os distintos productos atendendo ao seu nome, peso, capacidade, ingredientes, prezo estimado (despois buscamos na rede o prezo exacto que teñen eses productos nos supermercados online) e orixe.
  • Deseñar os carteles que van ter cada un dos lugares onde se situarán os productos.
  • Preparar o mostrador da caixa na que se pagará con diñeiro a compra que o alumnado ten que facer.
  • ...etc.
Como adianto, deixámosvos uns exemplos de carteles que o alumnado está elaborando.

NUBES DE PALABRAS SOBRE A ALIMENTACIÓN

Para achegarnos ao tema da alimentación, suxerimos ao alumnado que nos dixera palabras que comezaran polas distintas letras do abecedario e que estiveran relacionadas coa alimentación. Foi un traballo para valorar os coñecementos previos que tiñan sobre este tema e deste traballo xurdiron conversas moi interesantes sobre a necesidade dunha boa dieta equilibrada.
A continuación pedíuselles que as escribiran e que crearan unhas nubes de palabras.



FESTIVAL DE NADAL CON BANDA DESEÑADA

O alumnado de 3º de Educación Primaria está preparando unha canción para o festival de Nadal que vai sorprender moitísimo.
Para animarvos a vernos actuar o vindeiro venres 18 de novembro, deixámosvos aquí un cómic que representa (sen a música) o que alí vai acontencer.

Para velo con claridade chuzade na imaxe e poderedes ampliala para ler os bocadiños de cada viñeta.


ACTÍVATE RADIO PRESENTA O SEU PROGRAMA DE NADAL: ALIMENTANDO O NADAL.

Despois dun intenso traballo multidisciplinar xa rematamos o tema da alimentación no que traballamos os seguintes contidos:

  • Clasificación dos alimentos en función dos nutrientes principais.
  • Pirámide alimentaria.
  • Análise de dietas equilibradas.
  • Menú e dieta.
  • Momentos diarios da alimentación.
  • O glosario
  • Nubes de palabras
  • A alimentación nas artes plásticas: O bodegón
  • Creación dun supermercado na aula...etc.
E como producto final, presentamos o noso terceiro programa de radio en directo. Nel poderedes escoitar os relatos alimenticios elaborados e lidos en directo polo alumnado de 3º de Educación Primaria acompañados dunhas sorprendentes cancións con motivos navideños.
Esperamos que vos guste e non vos esquecer de facer comentarios.

TELEVIÑAGRANDE: VIDEO MUSICAL PARA O FESTIVAL DE NADAL

Para o festival de nadal do CEIP de Viñagrande Deiro o alumando de 3º de Educación Primaria elaborou o seguinte video musical. A música está baseada na mítica canción de Pimpinela "Olvídate y pega la vuelta" e nela se pode ver un enfrontamento encarnizado entre Pai Natal e o Apalpador. 
Quen gañará? 
Escoitádeo se queredes sabelo