CABECERA

Este recurso ha sido subvencionado por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte a través de la convocatoria de ayudas para el diseño y aplicación de proyectos de mejora del aprendizaje del alumnado por agrupaciones de colaboración profesional entre centros sostenidos con fondos públicos de diferentes comunidades o ciudades. Creado bajo la licencia «Creative Commons» tipo «by-sa» por tiempo indefinido. Todas las actuaciones descritas en este blog comprometen exclusivamente a los autores del mismo

miércoles, 25 de marzo de 2015

VIAJAMOS AL ESPACIO CON EL PRINCIPITO Y LAS NUEVAS TECNOLOGÍAS

Antes de comezar a traballar as profesións da contorna coa axuda dos familiares do alumnado, o 1º ciclo de Educación Primaria estivo lendo con atención os capítulos do Principiño onde o protagonita acomete unha viaxe espacial na busca de novas aventuras (do cap. X ao cap. XVII).
Nós, ao igual que o Principiño, tamén nos decidimos a iniciar unha nova Unidade Didáctica sobre o Universo e máis concretamente sobre o noso Sistema Solar e os elementos que o integran. O estudo foi moi minucioso: exposicións orais, textos con listados de características, traballo cos tamaños, coas distancias, os movementos do planeta Terra, tipos de planetas, constelacións, satélites...etc a través de distintos soportes coma o papel, as tablets, os teléfonos móviles, programas de creación de pósters (Publisher), aplicacións para a gravación de voz e para a creación de códigos QR, creación de contos escritos sobre o tema...etc.
Esta imaxe que vos presentamos pretende ser un breve resumo do traballo realizado na aula e exposto  no corredor da planta superior.
Tivo moita importancia o traballo coas novas tecnoloxías e coa introducción de aplicacións para dispositivos móviles coma Tellagami ou ChatterPix. Esta posibilidade aumentou a motivación do alumnado e, o máis importante, permitiu ao alumnado a creación de contido propio e de calidade.
Foi un traballo multidisciplinar onde se integran todas e cada unhas das áreas de coñecemento: linguas, coñecemento do medio, matemáticas, tecnoloxía...


Aproximando o rato ás iconas que hai nas imaxes dos planetas accederás a un sorprendente video.

No hay comentarios:

Publicar un comentario