No mes de novembro o alumnado de 5º e 6º realizou un percorrido polo casco histórico de Pontevedra. Acompañados polos seus titores e unha guía do Concello, patearon diferentes rúas e puideron coñecer, ademais, dos monumentos máis representativos, historias e anécdotas relacionadas con esta cidade.
Rematado o percorrido, visitaron o Museo Provincial -sección Prehistoria -, puidendo lembrar e profundizar nunha serie de contidos que xa se traballaran en clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario