Para que o alumnado se achegara aos nutrientes que están presentes no alimentos que consumimos, decidímonos a facer un xogo. O alumnado, agrupado por parellas, tiña que ler uns textos nos que se explicitaban as características dos distintos nutrientes: graxas, fibras, proteínas, vitaminas e minerais e hidratos de carbono.
Coa finalidade de ir asimilando estes contidos (a veces tan complexos para o alumnado destas idades) tiñan que ler os textos e destacar a principal característica de cada un dos nutrientes para elaborar un xogo de unir con flechas.
Unha vez destacada esta característica, tiñan que facer un taboleiro de xogos no que facer dúas columnas: no lado esquerdo os nutrientes e no lado dereito as características desordenadas.
A continuación fomos a aula de informática e presentamos o xogo na televisión inhalámbrica que temos. Alí, o alumnado desmostrou que sí coñecía e asimilara os contidos traballados.
Aquí vos deixamos unhas imaxes dos xogos realizados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario