Estamos iniciando un novo proxecto titulado "Alimentamos o noso corpo" no que traballaremos contidos relacionados co corpo humano e coa alimentación.
O primeiro dos traballos foi a realización dunha presentación na que o alumnado, en pequenos grupos, tivo que preparar unha diapositiva sobre un aspecto determinado do corpo humano para logo facer unha exposición oral.
En TELEVIÑAGRANDE seguiremos emitindo programas que serán do voso interese.
O alumnado de 3º do CEIP de Viñagrande Deiro continúa co proxecto sobre o corpo humano e a alimentación.
A segunda das actividades foi preparar unha exposición oral con personaxes virtuais sobre os contidos traballados cunha aplicación chamada Tellagami.
No hay comentarios:
Publicar un comentario